Actividades do 17º Premio Luis Ksado de Fotografía

Do ao

A Deputación da Coruña organiza unha serie de actividades arredor do décimo sexto premio Luis Ksado de fotografía, que terán lugar ao longo do mes de outubro en Santiago de Compostela, A Coruña e Betanzos. 

O o Centro Ágora da Coruña acollerá dous obradoiros, o primeiro deles o día 10 de outubro con Eugenio Recuenco, fotógrafo de publicidade e moda e o segundo o 11 de outubro con Cristina de Middel, presidenta da Axencia Magnun e Premio Nacional de Fotografía. Ambos os dous realizaranse en horario das 16:.0 ás 20.00 horas. A inscrición para os obradoiros é gratuíta e está aberta na web da Deputación.

Ademais, o día 5 de outubro realizarase no salón azul do Arquivo de Betanzos unha homenaxe ao fotógrafo histórico José Veiga Roel, que contará coa participación de Ángel Arcay, José Raimundo Núñez-Varela Lendoiro, Natividade González, María Barral, Xurxo Lobato e a familia de Veiga Roel. 

As fotos gañadoras e finalistas do 17º premio Luis Ksadó expoñeranse do 4 de outubro ao 4 de novembro no Museo do Pobo de Santiago de Compostela, nunha mostra que se inaugurará o mércores 4 ás 19.00 horas. Posteriormente se realizará unha exposición itinerante pola provincia da Coruña.