Aprende a contar Europa

Do ao

RTVE Instituto e a Escola de Xornalismo da axencia EFE, en colaboración coa Oficina Española do Parlamento Europeo, abren a VI edición do Programa de Formación en Unión Europea para Novos Xornalistas "Aprende a contar Europa", que ten como obxectivo ensinar aos novos e novas profesionais o funcionamento das institucións europeas.

Poden inscribirse xornalistas novos de todo o estado, sempre que teñan concluído os estudios de xornalismo e conten polo menos con dous ans de experiencia profesional en medios de comunicación de ámbito nacional ou rexional.

O curso compoñerase de dous módulos. O primeiro impartirase os días 18, 19 e 20 de novembro nas instalacións de RTVE Instituto e da Axencia EFE. O Parlamento Europeo cubrirá os gastos da viaxe e hotel en Madrid das persoas seleccionadas. O segundo módulo desenvolverase en Bruxelas e accederá o alumnado que destacase polos seus méritos e ao que se ofrecerá a oportunidade de compartir esta experiencia formativa con outros colegas europeos.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do formulario web entre o luns 15 de setembro e o martes 7 de outubro.

Máis información aquí