Axudas para medios do Parlamento Europeo

Do ao

O Parlamento Europeo publica unha nova convocatoria de subvencións dirixida a axencias de noticias, cadeas de televisión, emisoras de radio, medios dixitais e prensa escrita. Os proxectos que se presenten deben incluír a difusión do labor do Parlamento Europeo e contribuír á sensibilización da sociedade fronte á desinformación, a verificación dos feitos e a alfabetización mediática.

As propostas que presenten os medios de comunicación deberñan ter unha duración mínima de 6 meses e desenvolveranse entre setembro de 2025 e marzo de 2027. A data límite para presentar as candidaturas é o 15 de xaneiro de 2025.

Valorarase a claridade das propostas, que inclúan investigación e que estean completamente desenvolvidas, Así mesmo, considéranse criterios de adxudicación o alcance, a audiencia do medio  e o impacto da acción. Por último, as propostas deben ser multiplataforma, cunha integración de canles que inclúa medios e formatos innovadores.

O orzamento dispoñible para esta convocatoria é de 5 millóns de euros para o conxunto dos proxectos europeos seleccionados. Máis información aquí