Bolsas de prácticas 2024 na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas

Do ao

A Fundación Galicia Europa mantén aberto até o 17 de xuño o período de presentación de solicitudes para as catro bolsas de formación en asuntos europeos da Fundación Galicia Europa, unha delas en comunicación. As bolsas, para un período deonce  meses na oficina de Bruxelas da FGE, cobren as retribucións, a seguridade social, os gastos de desprazamento e un seguro de cobertura sanitaria.

Para a bolsa de comunicación son elixíbeis as persoas tituladas en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas. Ademais diso, hai dúas bolsas de formación xeral en asuntos comunitarios, dirixidas a persoas con titulación universitaria, e unha de secretariado e apoio administrativo, destinada a persoas con titulación técnica superior de Formación Profesional na familia de Administración e Xestión.

O prazo para que as persoas interesadas presenten as súas candidaturas estará aberto ata o luns día 17 de xuño. As solicitudes deben presentarse a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta, baixo o código PR770N.

Máis información aquí