Comunicación preventiva da conduta suicida
Do ao
Horario: Xoves 2 de outubro das 11:00 ás 12:00 horas
Lugar: Aula de visionado 1. Facultade de Ciencias da Comunicación. Avenida de Castelao, s/n. 15782 Santiago
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) organizan o vindeiro xoves 2 de outubro a xornada Comunicación preventiva da conduta suicida, que se celebrará na aula de visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación (Avenida de Castelao, s/n) en Santiago. O acto vai servir para presentar a guía de boas prácticas e principios éticos na cobertura mediática da conduta suicida.
A xornada, presentada por Silvia Álvarez Vieito, do Gabinete de Comunicación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, vai dar comezo ás 11:00 coa inauguración a cargo de Belén Regueira Leal, decana do CPXG; Ana Isabel Rodríguez Vázquez, decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC; e Antonio Gómez Caamaño, conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia. A continuación, María José Mogo Serrano, psicóloga da Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental do Servizo Galego de Saúde (Sergas) presentará a guía de boas prácticas, elaborada polo CPXG e a Xunta de Galicia coa colaboración da USC.
O programa continúa ás 11:25 cunha mesa redonda arredor das boas prácticas e principios éticos na cobertura mediática da conduta suicida, que estará moderada por Yolanda Triñanes Pego, xefa de servizo na Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental do Sergas, e na que participarán Eliana Martins Alvela, do CPXG, e Juan José Escudero Barrera, da asociación Sendas. A subdirectora xeral de Atención á Saúde Mental do Servizo Galego de Saúde Almudena Díaz Pereira e a decana da facultade Ana Isabel Rodríguez Vázquez pecharán a xornadas ás 11:50.