Cursos, charlas e xornadas
Xira de Nilufar Saberi por Galicia
Do ao
A activista e defensora dos dereitos das mulleres iraniana Nilufar Saberi realizará unha xira por Galicia da man de Amnistía Internacional. Saberi vai realizar charlas en Santiago de Compostela (mércores 8 de novembro, só para escolares), A Coruña (mércores 8), Lugo (xoves 9) e Vigo (venres 10), nas que abordará a problemática dos Dereitos Humanos en Irán dende a chegada ao poder de Khomeini e a súa teocracia islamista no '79, así como a súa esperanza ante os cambios que se están a producir grazas ao movemento de Muller Vida e Liberdade.