Debates Deontolóxicos no Xornalismo en Tempos de Intelixencia Artificial

Do ao

Horario: Martes 2 de xuño a partir das 17:30

Lugar: Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Avenida de Castelao, s/n. 15782 Santiago de Compostela

Información de contacto:

noel.pascual.presa@usc.es

O grupo Novos Medios organiza a conferencia Debates Deontolóxicos no Xornalismo en Tempos de Intelixencia Artificial, impartida polo profesor Carlos Camponez da Universidade de Coimbra. Esta actividade vai ter lugar o martes 2 de xuño ás 17.30 horas na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (Avenida de Castelao, s/n).

Carlos Camponez foi diretor da licenciatura e do mestrado en Xornalismo e Comunicación da Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra e é un dos fundadores da Mediapolis – Revista de Comunicação, Jornalismo e Espaço Público, que dirixiu durante as súas primeiras 14 edicións. Preside a Lusocom e é vicepresidente da Sopcom, Associação Portuguesa das Ciências da Comunicação e do conselho deontolóxico do Sindicato dos Jornalistas. As súas áreas principais de investigación son a ética e a deontoloxía do xornalismo e dos medios, as cuestións socioprofesionais do xornalismo e o xornalismo rexional e local.

A asistencia é libre e gratuita previa inscrición no formulario onlinePara máis información, pódese contactar co correo electrónico noel.pascual.presa@usc.es.