Día dos Medios en Galego 2023

Do ao

Horario: Martes 7 de febreiro ás 11:00 e xoves 9 de febreiro ás 20:30

Lugar: Sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística no Pazo de San Roque (Rúa de San Roque, 2, 15704 Santiago) e Sala Capitol (Rúa de Concepción Arenal, 5, 15702 Santiago)

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello de Santiago, conmemoran un ano máis, o Día dos Medios en Galego. O programa deste ano consiste nunha rolda de prensa na sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística no Pazo de San Roque ás 11:00 horas o martes 7 de febreiro e un minifestival de música galega contemporána na Sala Capitol o xoves 9 ás 20:30 cos concertos de Grande Amore e Ortiga.

A rolda de prensa de presentación celbrarase o propio día dos medios, 7 de febreiro e contará coa presencia de Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural de Santiago, e o artista Ortiga.

O concerto con Ortiga e Grande Amore, dúas das referencias máis relevantes no panorama musical galego , o xoves 9 de febreiro, será de balde ata completar aforo, pero cómpre sacar as entradas a partir das 12:00h deste martes 2 de febreiro en www.ataquilla.com ou www.salacapitol.com.

Máis información aquí.