Día dos Medios en Galego

Do ao

Horario: 6 de febreiro de 2026 partir das 18:00 e as 21:00 horas

Lugar: Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5) e Praza de San Martiño

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) organiza a programación do Día dos Medios en Galego 2026, coincidindo co 150 aniversario de O Tío Marcos d’a Portela. A programación do venres día 6 vai constar da mesa redonda “Intelixencia artificial, redes sociais, alfabetización dixital e desinformación”, que se vai desenvolver no Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5) ás 18:00 horas, e unha foliada a partir das 21:00 horas na Praza de San Martiño. 

O debate no Liceo será inaugurado por Noa Rouco, concelleira de Artes e Festexos do Concello de Ourense, e por Fernando de Paz, presidente de AMEGA, e contará coa participación de profesionais e expertos de referencia no ámbito estatal: Joxe Rojas (director de TIC e Comunicación de Tokikom), Xavier Domingo Serra (socio-director de Mortensen e Sorensen AI e representante de AMIC), Ferran Pedrix (director de Sistemas e I+D+I en Diari Segre Comarcal e vicepresidente da Asociación Catalá da Prensa Comarcal), Paulo Gamallo (catedrático da USC e investigador do proxecto Nós), Iván Iglesias (director de OUKE!) e Rebeca Munín (directora da revista Pincha e vicepresidenta de AMEGA). A clausura correrá a cargo de César Fernández, vicepresidente 2º da Deputación de Ourense, e de Valentín García, secretario xeral da Lingua. Ao remate ofreceranse petiscos no propio Liceo.

Á noite, unha gran foliada na Praza de San Martiño reunirá a destacadas agrupacións da música tradicional ourensá: A Galleira, A Cunheira, Feitizo de Pau, a Escola Provincial de Danza-Castro Floxo e a Coral de Ruada.

O Día dos Medios en Galego está organizado pola AMEGA co apoio da Consellería de Cultura, a Deputación de Ourense e o Concello de Ourense e a colaboración, entre outras entidades, do Consello da Cultura Galega, o Liceo de Ourense, OUKE!, o Proxecto Nós, Tokikom, Premsa Comarcal e AMIC.