Educomunicación en tempos de desinformación
Do ao
Horario: Venres 29 de setembro de 2023 a partir das 17:00 horas
Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Avenida de Castelao, s/n. 15782 Santiago de Compostela
A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela vai acoller o vindeiro 29 de setembro ás 17:00 horas un encontro con José Manuel Pérez Tornero, catedrático da Universitat Autóònoma de Barcelona. O acto está organizado polo grupo de información Novos Medios.
A conferencia celebrarase en principio na sala de xuntas do Departamento de Ciencias da Comunicación, no terceiro andar, aínda que o lugar pode mudarse en función do número de asistentes. A entrada é libre, sendo necesario confirmar a asistencia no correo xose.lopez.garcia@usc.gal con 48 horas de antelación.