Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2023

Do ao

Horario: Venres 17 de marzo de 2023, desde as 12:00 ata as 20:00 h, e sábado 11 de xuño de 2022, desde as 11:45 ata as 20:00 h

Lugar: Teatro Principal. Rúa Paio Gómez Charino, 6. 36002 Pontevedra

A Deputación de Pontevedra organiza a sexta edición do Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas, que terá lugar o venres 17 e o sábado 18 de marzo no Teatro Principal de Pontevedra (Rúa Paio Gómez Charino, 6). Trece mulleres de diferentes xeracións e perfís, todas elas profesionais do xornalismo e a escritura, reflexionarán durante dous días sobre a realidade do xornalismo de opinión en España

Se o xornalismo é un sector dirixido maioritariamente por homes, o da opinión é un xénero no que as mulleres levan anos pelexando para atopar o seu espazo nas páxinas dos xornais, nos que as firmas son un 80 % masculinas, nos faladoiros de radio e televisión e nos novos medios dixitais. A pesar desa realidade, hai mulleres columnistas, que escriben, que opinan, que abren blogs para posicionarse sobre a actualidade e a realidade na que viven, hai mulleres que dirixen medios e hai mulleres que introducen na axenda mediática temas e voces silenciadas durante anos. O Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas reune a trece delas co seguinte programa:

Venres 17 de marzo

12:00 h Inauguración: Diana López e Susana Pedreira coa presidenta e co alcalde
12:30 h “Malcriadas e deslinguadas. A opinión centennial en clave local”. Alba Moledo Ucha, xornalista en Diario de Pontevedra
13:15 h “Activismo e influencia: responsabilidade e viralidade na opinión con perspectiva feminista para Instagram”. Sindy Takanashi, creadora de contido
14:00 h Pausa para o xantar
 
17:00 h “A voz dunha pioneira: 40 anos de xornalismo comprometido nas ondas galegas”. Aida Pena, xornalista na Cadena SER
17:45 h “Maternidade e poder: escravitude ou revolución”. Nuria Labari, xornalista e escritora. Opinión en El País
18:30 h Pausa para o café
18:45 h “A crítica de La Script: cine, series, premios e festivais”. María Guerra, xornalista e crítica de cine
19:30 h “Conversacións, experiencias e humor: a noite é súa”. Mara Torres, xornalista en na Cadena SER

Sábado 18 de marzo

11:45 h “Failume. As mulleres rabudas tamén opinan”. Antía Paz, xornalista. Opinión en Luzes
12:30 h “Opinar sobre o que vemos”. Paloma Rando, columnista e guionista de televisión. Opinión en El País
13:15 h “Tecnoloxía e poder: contra o futuro”. Marta Peirano, xornalista. Opinión en El País, Muy Interesante e Radio Nacional
14:00 h Pausa para o xantar

17:00 h “Voces femininas nas retransmisións deportivas”. Paula Montes, xornalista en Radio Vigo
17:45 h “A familia e outros universos narrativos”. Laura Ferrero, xornalista, escritora e guionista. Opinión en El País e La ventana da Cadena SER
18:30 h Pausa para o café
18:45 h “Ni por favor, ni por favora. Como falar (e escribir) con linguaxe inclusiva. E punto”. Clase maxistral. María Martín, de @generoenaccion
19:30 h “Información, feminismo e liberdade arredor do mundo”. Rosa María Calaf, xornalista e correspondente internacional

Máis información e formulario de inscrición na web da Deputación de Pontevedra.