Gala 90 Aniversario de Radio Galicia ‘Todo por diante’
Do ao
Horario: Mércores 20 de setembro das 20:30 ás 22:00 horas
Lugar: Teatro Principal. Rúa Nova, 21, 15705 Santiago de Compostela.
A Radio Galicia Cadena Ser organiza, con motivo do seu 90 aniversario a gala ‘Todo por diante’, que terá lugar o vindeiro mércores 20 de setembro a partir das 20:30 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela (Rúa Nova, nº 21). Unha hora e media de puro entretemento como homenaxe a todo o que fixo a emisora, pero que tamén mostrará os desafíos do futuro.
Juan Carlos Ortega conducirá este espectáculo audiovisual, pero non estará só. Por unha banda, acompañaralle o seu mítico personaxe Marco Antonio Aguirre. Vitoria, a voz virtual da SER creada mediante Intelixencia Artificial que colabora no Carrusel Deportivo, unrase a ambos os dous. Os tres farán vivir momentos emotivos e divertidos que acompañarán aos presentes nunha viaxe ao pasado e outro ao futuro.
O público coñecerá en persoa ás voces que forman parte da súa día a día nesta gala, que poñerá en valor a importancia da radio local co Director de Radio Galicia Mario Moreno, xunto con Ricardo Rodríguez, o Director de Contidos, e moitos outros profesionais. O poder da evocación convivirá cunha mirada cara ao futuro nesta celebración da radio, que ademais contará coa actuación musical de De Vacas, e o humor de Fede Pérez.
A asistencia á gala e gratuíta, puidendo descargarse os convites a través de woutick.
Máis información aquí.