Galicia en Foco 2021

Do ao

O Club de Prensa de Ferrol convoca a trixésima edición do certame Galicia en Foco dirixido aos profesionais do fotoxornalismo galego. 

Poderán concorrer os fotoxornalistas cun traballo de tema galego ou relacionado con Galicia publicado en medios de comunicación (papel ou dixital) de cabeceiras recoñecidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020. 

Os participantes terán que optar por unha das dúas modalidades establecidas: 'Foto do ano', no que enviarán como máximo tres fotografías en branco e negro ou cor; e a de 'Foto-reportaxe do ano', no que poderán presentar entre tres e cinco imaxes que formarán unha serie e que irán acompañadas dun texto explicativo da temática cun máximo de 800 carácteres.

Os fotógrafos terán que enviar as súas obras, coa súa ficha individual debidamente cuberta, ao correo galiciaenfoco@clubdeprensadeferrol.com antes do vindeiro 25 de setembro.

Máis información nas bases do premio.