Historias de Radio Galicia. 90 anos contigo
Do ao
Horario: Do venres 24 de febreiro ao martes 16 de maio, en horario de martes a sábado das 10:00 ás 14:00 horas e das 16:00 ás 20:00 horas e os domingos das 11:00 ás 14:00 horas
Lugar: Casa do Cabido. Praza das Praterías, 2. 15782 Santiago de Compostela
A Casa do Cabido de Santiago de Compostela acolle a exposición Historias de Radio Galicia. 90 anos contigo, na que se fai un percorrido desde as orixes da radio en Santiago á actualidade, a través das voces históricas que compuxeron Radio Galicia ao longo dos seus noventa anos de historia, así coma os seus programas, eventos e noticias.
A exposición, comisariada por Aser Álvarez, está composta por catro salas. Na primeira delas relátanse os inicios da EAJ-4, a emisora de Unión Radio en Compostela, no ano 1933, mentres que a seguinte está repleta de fotografías e arquivos de audio que documentan aos locutores que formaron parte de Radio Galicia. Na terceira sala exhíbense deste xeito algúns recordos das décadas máis recentes. Así, a última está enfocada no presente e nela dáse a coñecer aos membros actuais da radio compostelá.
A mostra poderá visitarse de maneira gratuíta até o 16 de maio, en horario de martes a sábado das 10:00 ás 14:00 horas, e das 16:00 ás 20:00 horas, ademais dos domingos, das 11:00 ás 14:00 horas. Os luns estará fechado.
Máis información aquí.