I Premio de Xornalismo "Pioneiros da Pizarra"

Do ao

O Clúster da Pizarra de Galicia celebra os seus 10 anos convocando un premio co que pretende recoñecer o mellor traballo xornalístico publicado ou emitido en prensa impresa e dixital, radio ou televisión, que difunda o valor da industria da lousa en Galicia.

A este premio, dotado con 1.000 euros, poden optar todos os traballos xornalísticos que teñan como temática principal aspectos relacionados co sector da lousa e que fosen publicados ou emitidos entre o 30 de setembro de 2020 e o 30 de setembro de 2021 e que non fosen galardoados noutro certame.

O prazo de entrega dos traballos que se presenten ao premio finalizará o 15 de outubro de 2021.

Máis información nas bases do premio.