I Premio de xornalismo Rromani Lav contra o antixitanismo de xénero
Do ao
A asociación de mulleres xitanas de Euskadi AMUGE, en colaboración co Departamento de Xornalismo da Universidad del País Vasco-Euskal Herriko Unibertsitatea (EHU), a asociación de mocidade xitana Romi Berriak e Pikara Magazine lanza o I Premio de xornalismo Rromani Lav contra o antixitanismo de xénero, enmarcado no proxecto “Rommani Lav: palabras de mulleres xitanas en contra do antixitanismo- 2026”, subvencionado pola dirección de Diversidade da Deputación Foral de Biscaia.
O premio vai recoñecer traballos xornalísticos cunha perspectiva antirracista e feminista que contribúan a denunciar o antixitanismo e/ou proporcionen imaxes non estereotipadas do pobo xitano para promover o compromiso e a concienciación na profesión xornalística e no alumnado de comunicación. Aceptaranse reportaxes, entrevistas e crónicas en formato escrito, radiofónico, televisivo ou multimedia, realizadas en castelán ou éuscaro.
Estabelécense dúas categorías: unha dirixida a profesionais da comunicación, dotado con 2.700 euros, e a outra a estudantes de Xornalismo e Comunicación Audiovisual, cun premio de 300 euros.
As propostas poden presentarse desde o 18 de abril ata as 13 horas do 18 de xuño de 2026, no enderezo de correo electrónico komunikazioa@amuge.org.