I Premio EMSHI de Xornalismo
Do ao
A Entidade Metropolitana de Servizos Hidráulicos (EMSHI) crea os Premios Emshi 2021. Baixo o lema “Auga limpa”, o galardón consta das categorías Xornalismo, Fotografía e Poesía, cada unha delas dotada con 2.000 euros.
A categoría de Xornalismo recoñecerá o traballo xornalístico que en opinión do xurado mellor reflicta algún destes procesos (ou todos eles): captación, potabilización, distribución e consumo responsábel de auga e os métodos innovadores que se están a aplicar en calquera das fases de auga potable desde unha perspectiva de respecto ao medio ambiente. Os traballos que se presentes ao galardón deben ter sido publicados nun medio de comunicación entre o 1 de xaneiro e o 20 de outubro de 2021.
Para presentarse cómpre enviar a proposta ao rexistro da EMSHI (C/Moratín, 17-2o 46002, Valencia), presencialmente, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, ou por correo postal. A recepción de candidaturas remata o 20 de outubro de 2021.
Máis información nas bases do premio.