I Premio Euromediterráneo para Mulleres Xornalistas
A Unión polo Mediterráneo (UPM), en colaboración coa Rede Euromediterránea de Mulleres Xornalistas, a Fundación Anna Lindh, o Instituto Europeo do Mediterráneo e a Federación Internacional de Xornalistas, convocan o I Premio Euromediterráneo para Mulleres Xornalistas co fin de recoñecer a excelencia no xornalismo sensible ao xénero, baseado na evidencia e orientado a solucións, incluíndo reportaxes que examinan criticamente as respostas aos desafíos sociais, así como a súa eficacia, limitacións e impacto máis amplo.
Os proxectos presentados deberán ter sido publicados ou emitidos entre o 1 de xullo de 2025 e o 13 de setembro de 2026 e abordar polo menos unha das prioridades sectoriais da Declaración de Visión da UPM nun ou máis Estados membro: Igualdade de xénero, participación xuvenil, inclusión socioeconómica das persoas con discapacidade, educación superior, investigación e innovación; Medio ambiente e economía verde, economía azul sostible, desenvolvemento urbano e transporte; Acción climática, resiliencia enerxética e hídrica, xestión do risco de desastres; Emprego e traballo, comercio, investimento e industria, transformación dixital; e Movilidade e causas raíz da migración.
O premio é o financiamento completo para asistir á cerimonia de entrega de premios e ás sesións anuais presenciais de networking e formación da Rede Euro-Mediterránea de Mulleres Xornalistas en novembro de 2026. A gañadora terá tamén acceso á Rede Euro-Mediterránea de Mulleres Xornalistas e daráselle un diploma oficial.
As interesadas poden presentarse até o 13 de setembro a través do formulario web, incluíndo unha tradución do traballo en inglés se estiver realizado noutra lingua.
Máis información nas bases do premio.