I Premio Vicente Verdú de Xornalismo e Innovación

Do ao

A Asociación de Informadores de Elx e o Concello de Elx convocan o I Premio Vicente Verdú de Xornalismo e Innovación, dotado con 6.000 euros, como recoñecemento a este xornalista, escritor e pintor ilicitano falecido en 2018 e nomeado Fillo Predilecto de Elx.

O obxectivo do premio é recoñecer e incentivar, nunha época de profundos cambios no xornalismo, a procura da innovación no tratamento da información por parte do xornalista ou equipo que faga a mellor contribución ao desenvolvemento de novos tipos de medios, contidos, linguaxes e formas de relación coa audiencia, así como a aplicación de técnicas innovadoras para tratar de explicar os cambios sociais, políticos, culturais e doutra índole que supoñen as novas tecnoloxías na sociedade actual.

Os traballos participantes deben ter sido publicados, difundidos ou emitidos en formato impreso ou dixital (audio, vídeo ou multimedia) entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 31 de marzo de 2021. O prazo de recepción de traballos finaliza o próximo 29 de outubro. 

Máis información nas bases do premio.