I Premio Xornalístico da Sociedade Española de Neuroloxía

Do ao

Información de contacto:

Sociedade Española de Neuroloxía
prensa@sen.org.es

A Sociedade Española de Neuroloxía (SEN) vén de poñer en marcha o seu I Premio Xornalístico, co obxectivo de promover e recoñecer o labor dos xornalistas españois na divulgación e concienciación social das enfermidades neurolóxicas, así como dos avances da neuroloxía e o seu rol socio-sanitario.

Ao galardón poden concorrer todos os artigos e reportaxes publicadas ou emitidos durante o periodo comprendido entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 31 de decembro de 2022 nos medios de comunicación españois (prensa escrita, medios online, radio e televisión). No caso de que o traballo sexa en catalán, euskera ou galego deberá ser entregada unha tradución ao castelán.
 
Consta de dúas modalidades (Premio ao mellor traballo xornalístico en neuroloxía e Premio á mellor divulgación en neuroloxía), ambas as dúas dotadas con 2.000 euros. As persoas interesadas en presentar candidaturas poden enviar os seus traballos até o martes 31 de xaneiro de 2023 a través do formulario dispoñíbel na web da SEN.
 
Máis información nas bases do premio.