I Premio Xornalístico de Enfermaría de Saúde Mental AEESME 2024
A Asociación Española de Enfermería de Saúde Mental (AEESME) convoca o seu primeiro premio xornalístico co obxectivo de premiar o mellor traballo informativo sobre a función das enfermeiras especializadas nesta rama da Medicina no ámbito asistencial, xestor, docente ou investigador e as súas achegas científicas á sociedade e á mellora dos coidados.
Poden presentarse a concurso traballos publicados en prensa escrita ou medios dixitais, radio, pódcast ou televisión durante o período comprendido entre o 1 de setembro de 2023 e o 31 de xullo de 2024. Valorarase a súa calidade, orixinalidade, as fontes de información consultadas, o apoio gráfico así como a linguaxe empregada e a visibilidade e recoñecemento das enfermeiras especializadas en Saúde Mental. As candidaturas poden enviarse ao correo aeesme.aeesme@gmail.com, indicando no asunto "I Premio Periodístico AEESME" até o 31 de xullo. Establécese un único premio de 500 euros e o fallo do premio terá lugar o 1 de setembro de 2024, coincidindo co Día Internacional da Enfermería de Saúde Mental.
Máis información nas bases do premio.