I Premios Ana Baschwitz de Comunicación

Do ao

Información de contacto:

secretaria@premiosanabaschwitz.com

A Asociación Cultural Ana Baschwitz organiza a I Edición dos Premios Ana Baschwitz de Comunicación co obxectivo de fomentar e recoñecer o labor dos profesionais da comunicación e dos divulgadores pola súa traxectoria profesional.

A convocatoria diríxese a profesionais do sector da comunicación; axencias, medios de comunicación e xornalistas, e os premios teñen tres categorías: Mellor profesional da Comunicación, Mellor Medio de Comunicación e Mellor Axencia de Comunicación.

Para acceder a estes premios será necesario presentar a través do formulario web unha memoria breve que sustente e explique a traxectoria da candidatura, quedando establecido o prazo ata o próximo 31 de marzo.

Máis información na páxina web do premio.