I Premios #MulleresQueOpinan

Do ao

Coincidindo coa celebración do congreso As Mulleres que Opinan son Perigosas, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra convocan a primeira edición dos premios #MulleresQueOpinan. Serán premiados con 1.000 euros os mellores artigos de opinión escritos en galego e en castelán sobre as temáticas que se aborden no encontro, e ademais serán publicados nos principais xornais da provincia.

Poderanse presentar aos Premios #MulleresQueOpinan artigos de opinión sobre a propia experiencia como espectadoras ou asistentes (de maneira virtual ou presencial) arredor de calquera dos temas que se traten no congreso 2023: poden ser os das conferencias ou tamén os que se traten nas roldas de preguntas. O único requisito, ademais da temática, será que o texto acredite ter asistido ao foro e inspirarse nel para escribir a peza de opinión. En canto á extensión, sen contar espazos, non poderán exceder dos 3000 caracteres, e constarán de titular e corpo. Os artigos orixinais poden ben ser inéditos ou ben teren sido publicados por xornalistas que cubrisen as xornadas do foro e os publicasen nos medios nos que traballan.

Os traballos presentaranse preferibelmente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra entre o 20 de marzo de e o 10 de abril de 2023.

Máis información nas bases do premio.