I Premios Xornalísticos Instituto de Estudios Económicos
Do ao
Información de contacto:
Instituto de Estudos Económicos
Calle Príncipe de Vergara, 74, 6ª Planta
28006 Madrid
premios@ieemadrid.es
O Instituto de Estudios Económicos (IEE) lanza a “I Edición dos Premios IEE” para recoñecer a excelencia no campo do xornalismo económico, en calquera soporte. Os galardóns constan de cinco categorías e cada unha das persoas gañadoras recibirá unha estatuiña.
Os premios divídense en cinco categorías: premio ao mellor xornalista económico, premio ao mellor xornalista económico “junior”, premio á traxectoria no ámbito económico, premio á institución de ámbito económico e premio especial para persoas que contribuísen á creación ou ao desenvolvemento do IEE ao longo da súa historia. Ás dúas primeiras poden presentar candidaturas o IEE, outros organismos e instituciones ou as propias persoas interesadas, mentres que o resto serán propostas polo presidente do xurado.
As candidaturas das categorías I e II poderán ser presentadas desde o 11 de xullo de 2023 ata o 30 de setembro de 2023 mediante os formularios dispoñíbeis na web do premio, acompañándoos da documentación necesaria na dirección de correo electrónico premios@ieemadrid.es ou na dirección da sede do Instituto de Estudos Económicos situada na Calle Príncipe de Vergara, 74, 6ª Planta, 28006 Madrid.
Máis información na web dos premios,