I Premios Xornalísticos Qaracter

Do ao

A consultora financeira Qaracter convoca a I Edición dos seus Premios Xornalísticos co obxectivo de recoñecer a xornalistas que, a través do seu traballo, contribúen á divulgación dos procesos de transformación dixital nos sectores bancario e asegurador en España. 

Os premios divídense en dúas categorías: Banca, para artigos centrados na dixitalización dos servizos bancarios, e Seguros, para aqueles que aborden a innovación dixital no sector asegurador. A dotación económica do premio é de 2.000 euros para o primeiro lugar, 1.000 euros para o segundo finalista e 500 euros para o terceiro.

Poderán presentarse profesionais do xornalismo que desenvolvan o seu labor en medios de comunicación con presenza en España, con traballos publicados entre 2020 e 2025 e redactados en castelán. Acéptanse candidaturas individuais ou asinadas por varios autores. A extensión recomendada é de entre 800 e 1.500 palabras.

Pódense enviar candidaturas en formato dixital (PDF ou Word) a través do formulario web até o 18 de outubro. O fallo do xurado anunciarase o 3 de novembro. 

Máis información nas bases do premio.

O prazo de postulación finalizará o 18 de outubro, mentres que o fallo do xurado anunciarase o 3 de novembro. Finalmente, a entrega de premios celebrarase durante a semana do 18 de novembro. Requisitos xerais Os traballos presentados deberán ser