II Premio de Fotoxornalismo “Ciudad de Albacete”
A Asociación de Periodistas de Albacete (APAB) convoca a segunda edición do Premio de Fotoxornalismo ‘Ciudad de Albacete’ á mellor fotografía de 2022. O obxectivo é recoñecer o traballo dos e as profesionais que desenvolvan o seu labor no campo do fotoperiodismo en medios de comunicación de ámbito local ou provincial de toda España.
A convocatoria está aberta a calquera profesional do ámbito do fotoxornalismo que publique o seu traballo en medios de comunicación de ámbito local ou provincial de calquera punto do territorio español. O premio, patrocinado polo Concello de Albacete, está dotado con 2000 euros. Os traballos deberanse presentar a través do formulario online antes do 31 de xaneiro de 2023.
Máis información na web do premio.