II Premio de Xornalismo Cecilia Conde

Do ao

O Colegio Profesional de Fisioterapeutas de la Comunidad de Madrid (CPFCM) convoca a segunda edición do "Premio de Xornalismo Cecilia Conde", co fin de recoñecer o labor que desenvolven os medios de comunicación e os seus profesionais na difusión do papel da fisioterapia na sociedade.

Estabelécense un primeiro premio, un segundo e unha mención especial para os mellores traballos xornalísticos ao redor da fisioterapia. A dotación económica será de 3.000 euros para o primeiro premio, 1.500 euros para o segundo e 500 euros para a mención. Serán admitidos os traballos publicados ou emitidos en castelán entre o 1 de setembro de 2023 e o 29 de febreiro de 2024. Quedan excluídos nesta convocatoria os artigos de opinión e pódcasts e os traballos publicados en revistas científicas.
 
As candidaturas deberán remitirse á Secretaría do CPFCM, por correo electrónico, á dirección: cpfm@cfisiomad.org, indicando no asunto “Premio de Periodismo Cecilia Conde 2024” e cada xornalista poderá presentar cuantos traballos desexe.
 
Máis información aquí.