II Premio de Xornalismo David Gistau

Do ao

Información de contacto:

info@premiodavidgistau.com

Unidad Editorial e Vocento covocan a segunda edición do Premio de Xornalismo David Gistau en homenaxe ao xornalista, columnista e escritor David Gistau, falecido aos 49 anos.

O galardón quere pór en valor o "xornalismo de calidade e independente, que de forma honesta e valente encarnou David Gistau”. Deste xeito, cada edición poderá estar dedicada a todos ou algún dos formatos e xéneros xornalísticos que cultivou Gistau. 

Poden presentarse a esta edición colaboracións e pezas de opinión xornalística en español publicadas ou emitidas en prensa impresa, prensa on-line, radios ou televisións entre o 1 de xullo de 2020 e o 30 de xuño de 2021. Outorgarase un único premio de 10.000 euros.

O prazo de presentación de candidaturas, que se terán que inscribir a través da web do premio, remata o 15 de setembro ás 14:00 horas. O veredicto darase a coñecer a primeira semana de novembro.

Máis información nas bases do premio