II Premio de Xornalismo en Psiquiatría e Saúde Mental

Do ao

A Fundación Española de Psiquiatría e Saúde Mental (FEPSM) convoca a II edición do Premio de Xornalismo en Psiquiatría e Saúde Mental, que tencomo obxectivo recoñecer o labor dos profesionais da comunicación na sensibilización e difusión veraz das enfermidades mentais.

Poden presentarse ao premio xonalistas residentes en España que publicaran entre o 1 de setembro de 2025 e o 1 de setembro de 2026 traballos que promoveran o coñecemento das enfermidades mentais, investigación, prevención, políticas de saúde ou historias de superación e apoio social. Os galardóns contan con dúas categorías, Prensa audiovisual e Prensa escrita e dixital, cada unha delas dotada con 2.000 euros.

O prazo para o envío das candidaturas finaliza o próximo 15 de setembro e as candidaturas deberanse enviarse a fepsm@fepsm.org, acompañando a solicitude dunha declaración asinada polas persoas autoras do traballo, e indicando a categoría á que se presenta, o título do traballo e a data e medio de publicación.

Máis información nas bases do premio