II Premio de xornalismo feminista Lucía Martínez Odriozola
Pikara Magazine e a Asociación de Mujeres Xornalistas de Pikara Magazine convocan a segunda edición do Premio de Xornalismo Feminista Lucía Martínez Odriozola, co obxectivo de premiar o traballo de estudantes de xornalismo ou comunicación audiovisual que incorporen a perspectiva de xénero aos seus traballos universitarios. O premio está dotado de 300 euros e a publicación do texto en Pikara Magazine.
As e os participantes deben estar a cursar, en calquera universidade do Estado español, xornalismo ou comunicación audiovisual. Aceptarase unha reportaxe xornalística por persoa, en eúscaro ou castelán, que non fose publicada en ningún medio.Todos os textos deberán ser avalados por algún profesor ou profesora da universidade na que o ou a participante estea a cursar os seus estudos.
Os traballos, xunto ao aval e un documento cos datos do alumno ou alumna, deben enviarse a congreso@pikaramagazine.com antes do 31 de xullo de 2025, co asunto II Premio de Periodismo Feminista LMO.
Máis información nas bases do premio.