II Premio EMSHI de Xornalismo
Do ao
A Entidade Metropolitana de Servizos Hidráulicos (EMSHI) convoca a segunda edición dos Premios Emshi. Baixo o lema “O valor da auga”, o galardón consta das categorías Xornalismo, Fotografía e Poesía, cada unha delas dotada con 2.000 euros.
A categoría de Xornalismo recoñecerá o traballo xornalístico que en opinión do xurado mellor reflicta algún destes procesos (ou todos eles): captación, potabilización, distribución e consumo responsábel de auga e os métodos innovadores que se están a aplicar en calquera das fases de auga potable desde unha perspectiva de respecto ao medio ambiente. Os traballos que se presentes ao galardón deben ter sido publicados nun medio de comunicación entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2022.
Para presentarse cómpre enviar a proposta ao rexistro da EMSHI (C/Moratín, 17-2o 46002, Valencia), presencialmente, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, por correo postal na mesma dirección ou a través da sede electrónica da EMSHI. O prazo de presentación de propostas estará aberto do 15 de setembro ao 15 de outubro deste ano.
Máis información nas bases do premio.