II Premio Especial de Comunicación Científica Federico Halpern
Do ao
No marco dos Premios á Investigación Jesús Serra, Fundación Occident convoca a II edición do Premio Especial de Comunicación Científica Federico Halpern, en colaboración coa Asociación Española de Comunicación Científica (AEC2)e a Asociación Nacional de Informadores de la Salud (ANIS), para recoñecer o labor de xornalistas, comunicadores, investigadores e creadores de contido que destacan polo seu compromiso coa información e comunicación sobre alimentación, nutrición e saúde baseada en evidencias científicas.
Estabelécense dous galardóns, cunha dotación de 2.500 euros cada un, nas modalidades de Medios tradicionais (dirixido a xornalistas, seccións ou canles de comunicación en xornais, revistas, radio ou televisión, teñan ou non plataforma dixital) e Novos formatos (para creadores de contido ou canles en formatos nativamente dixitais, como blogs, redes sociais ou pódcasts).
Os candidatos e candidatas deberán ser nomeados por terceiros, que poden ser xornalistas con relación contractual ou colaboración freelance cun medio de comunicación español, socios da AEC2 e da ANIS, socios doutras asociacións de comunicación científica españolas, investigadores ou persoal de departamentos de comunicación de universidades, hospitais ou centros de investigación españois.
As candidaturas débense enviar antes das 14:00 horas do martes 28 abril de 2026 a través do formulario web.
Máis información nas bases do premio.