II Premio Xornalístico de Enfermaría de Saúde Mental AEESME 2025

Do ao

Información de contacto:

aeesme.aeesme@gmail.com

A Asociación Española de Enfermería de Saúde Mental (AEESME) convoca o seu segundo premio xornalístico co obxectivo de premiar o mellor traballo informativo sobre a función das enfermeiras especializadas nesta rama da Medicina no ámbito asistencial, xestor, docente ou investigador e as súas achegas científicas á sociedade e á mellora dos coidados.

Poden presentarse a concurso traballos publicados en prensa escrita ou medios dixitais, radio, pódcast ou televisión durante o período comprendido entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de xullo de 2025. Valorarase a súa calidade, orixinalidade, as fontes de información consultadas, o apoio gráfico así como a linguaxe empregada e a visibilidade e recoñecemento das enfermeiras especializadas en Saúde Mental. As candidaturas poden enviarse ao correo aeesme.aeesme@gmail.com, indicando no asunto "II Premio Periodístico AEESME"  até o 31 de xullo. Establécese un único premio de 500 euros e o fallo do premio terá lugar o 1 de setembro de 2025, coincidindo co Día Internacional da Enfermería de Saúde Mental.

Máis información nas bases do premio