II Premios Desalambre
O xornal dixital eldiario.es convoca a II edición dos Premios Desalambre co obxectivo de recoñecer o traballo comprometido do xornalismo e da sociedade civil na defensa dos dereitos humanos.
Poderanse presentar aos galardóns os traballos publicados entre o 1 de novembro de 2019 e o 30 de setembro de 2020 nalgún medio de comunicación español, en soporte papel ou dixital.
Outorgaranse seis premios divididos en dúas categorías diferentes: Activismo e ONG (Premio Desalambre á mellor campaña de comunicación, Premio Desalambre ao mellor traballo de documentación e investigación e Premio Desalambre de activismo en defensa dos dereitos humanos) e Xornalismo (Premio Desalambre á mellor crónica ou reportaxe escrita, Premio Desalambre ao mellor traballo gráfico ou multimedia e Premio Desalambre á perseveranza). Os traballos galardonados nas categorías de Xornalismo recibirán 1.000 euros.
A presentación de candidaturas ten que facerse a través da páxina dos premios até o 30 de setembro de 2020.
Máis información nas bases dos premios.