II Premios Xornalismo e Sustentabilidade
Do ao
Orange convoca a segunda edición dos seus “Premios Xornalismo e Sustentabilidade”, que recoñecen traballos xornalísticos e de divulgación que destaquen polo tratamento de temas relacionados co desenvolvemento sustentábel. Poderanse presentar candidaturas para optar a unha das tres categorías dos premios, dotadas cada unha delas con 8.000 euros.
O premio está dirixido a profesionais, que desenvolvan a súa actividade en España, cuxas informacións ao redor da citada materia fosen difundidas por algún medio de comunicación impreso, audiovisual ou noutros formatos ou canles -tales como redes sociais, podcast, Youtube, Twitch…-, en calquera das linguas oficiais do Estado, entre o 30 de outubro de 2021 e o 30 de outubro de 2022 (ambas as datas incluídas). A dotación é de 8.000 euros para cada unha das categorías: Medios escritos, Audiovisual e Novos Formatos.
As persoas interesadas poden enviar as candidaturas a través do formulario dispoñíbel na web até o día 30 de outubro de 2022.
Máis información na web do premio.