II Premios Xornalísticos Qaracter

Do ao

A consultora financeira Qaracter convoca a II Edición dos seus Premios Xornalísticos co obxectivo de recoñecer a xornalistas que, a través do seu traballo, contribúen á divulgación dos procesos de transformación dixital nos sectores bancario e asegurador en España. 

Os premios divídense en dúas categorías: Banca, para traballos xornalísticos centrados na innovación, transformación tecnolóxica, intelixencia artificial, xestión do dato, experiencia de cliente, ciberseguranza, novos modelos de negocio e tendencias relevantes dos servizos bancarios; e Seguros, para aqueles que aborden os mesmos aspectos no sector asegurador. A dotación económica do premio é de 2.000 euros para o primeiro lugar, 1.000 euros para o segundo finalista e 500 euros para o terceiro.

Poderán presentarse profesionais do xornalismo que desenvolvan o seu labor en medios de comunicación con presenza en España, con traballos publicados entre o 1 de xuño de 2025 e o 15 de setembro de 2026, ambos inclusive, e redactados en castelán, cunha extensión aproximada de entre 800 e 1.500 palabras. Acéptanse candidaturas individuais ou asinadas por varios autores. 

Pódense enviar candidaturas en formato dixital (PDF ou Word) a través do formulario web até o 15 de setembro. 

Máis información nas bases do premio.