III Premio COIIM Enxeñeiro Luca de Tena ao mellor traballo xornalístico sobre enxeñería industrial

Do ao

Información de contacto:

COIIM 
Calle Javier Ferrero, 10 
28002 Madrid
industriales@gruposenda.es

O Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Madrid (COIIM) convocou a terceira edición do Premio COIIM Enxeñeiro Luca de Tena ao mellor traballo xornalístico sobre enxeñería industrial, que pretende recoñecer o labor dos medios de comunicación e os seus profesionais na difusión do papel da enxeñería industrial na sociedade.

O galardón recoñecerá o mellor artigo ou reportaxe sobre o ámbito da enxeñería industrial que fose publicado ou emitido entre o 1 de setembro de 2020 e o 30 de setembro de 2021 nun medio de comunicación con sede en España. Este será distinguido cun único premio dotado de 3.000 euros.

Os traballos deberán remitirse nun sobre pechado, indicando “III Premio COIIM Luca de Tena” a: COIIM. Calle Javier Ferrero, 10. 28002 Madrid. O prazo para presentar as candidaturas finaliza o 15 de outubro de 2021, ás 15:00 horas.

Máis información nas bases do premio