III Premio de Xornalismo e Fotoxornalismo Gerda Taro

Do ao

Información de contacto:

Asociación de la Prensa de Guadalajara
Calle Felipe Solano Antelo, 7.
19002 Guadalajara
asociacion@aprensaguadalajara.es

A Asociación de la Prensa de Guadalajara (APG) convoca o III Premio de Xornalismo e Fotoxornalismo 'Gerda Taro' pola igualdade de xénero, co fin de recoñecer o labor das e os profesionais do Xornalismo na defensa e difusión dos valores de igualdade entre homes e mulleres. 

O certme establece dúas categorías, cada unha delas dotadas con 1.250 euros. Poderán concorrer á categoría de Xornalismo as informacións, crónicas, entrevistas, artigos de opinión, traballos de investigación ou similares publicados entre o 1 de setembro de 2023 e o 30 de outubro de 2024 en calquera medio de comunicación (radio, prensa, televisión ou Internet) de ámbito local, provincial, rexional ou nacional. Á categoría de Fotoxornalismo poderá presentarse unha fotografía ou colección de fotografías, propias, das cales polo menos unha fora publicada entre o 1 de setembro de 2023 e o 30 de outubro de 2024 nun medio de comunicación de ámbito local, provincial, rexional ou nacional.

As persoas interesadas deberán enviar os seus traballos  por correo certificado á Asociación de la Prensa de Guadalajara (calle Felipe Solano Antelo, 7. 19002 Guadalajara), ou ben por correo electrónico ao enderezo asociacion@aprensaguadalajara.es antes do 4 de novembro de 2024, data na que finaliza o prazo de admisión.

Máis información aquí.