III Premio de Xornalismo Rural
A Rede de Periodistas Rurales presenta a terceira convocatoria do Premio de Xornalismo Rural cun premio de 500 euros para o gañador e un curso de formación especializada para o segundo e terceiro posto. O prazo para presentar as candidaturas termina o próximo 5 de marzo.
Poderán participar artigos publicados en medios de comunicación de ámbito nacional e internacional entre o 5 de febreiro de 2025 e o 5 de marzo de 2026. Cada xornalista ten dereito a inscribir ata catro escritos.
Os textos participantes deben ter como eixo principal o desenvolvemento do medio rural, cunha visión que permita ofrecer solucións na loita contra o despoboamento e o reto demográfico. Valoraranse positivamente as historias de persoas que loiten por dotar de oportunidades ao territorio rural e que actúen como punto de referencia sobre o que empezar a súa recuperación. Así mesmo, tamén se dará especial atención aos escritos que mostren a transición ecolóxica como solución ao declive demográfico en España e como vector de transformación do medio rural.
Para participar, débese enviar até o 5 de marzo ao enderezo info@reddeperiodistasrurales.com ou a través da páxina web da rede a ligazón texto publicado ou o texto en PDF, acompañado dos datos persoais do autor ou autora (nome completo, DNI, teléfono, correo electrónico e cargo profesional actual) e o título e data de publicación do escrito.
Máis información nas bases do premio.