III Premio Internacional de Xornalismo Manuel Chaves Nogales
Do ao
A Deputación Provincial de Sevilla e a Asociación de la Prensa de Sevilla convocan o terceiro Premio Internacional de Xornalismo Manuel Chaves Nogales, co que se pretende "pór en valor traballos xornalísticos nos que concorran valores profesionais e humanos de honestidade e independencia".
O galardón consta de catro categorías: prensa en soporte papel ou dixital, radio, televisión e fotografía. Poderán optar ao premio xornalistas e fotoxornalistas de calquera nacionalidade con traballos publicados, difundidos ou emitidos entre o 1 de xullo de 2022 e o 31 de maio de 2023 en medios de comunicación, españois ou estranxeiros, en lingua castelá. Cada unha das catro categorías está dotada con 6.000 euros.
Os traballos deberán presentarse a través do rexistro electrónico xeral da Deputación de Sevilla, nas Oficinas de asistencia ao rexistro electrónico de Deputación ou por calquera dos medios establecidos no apartado 4 do artigo 16 da LPAC. O prazo de presentación finaliza o 30 de setembro.
Máis información nas bases do premio.