III Premio ‘Josefina Carabias’ de xornalismo parlamentario

Do ao

Información de contacto:

Calle Floridablanca s/n
Edificio Ampliación II, planta baja
Congreso de los Diputados
28071 Madrid

O Congreso dos Deputados convoca o III Premio Josefina Carabias de xornalismo parlamentario, creado co fin de fomentar a defensa dos valores dos dereitos e liberdades que os propios parlamentarios representan e defenden cada día na súa acción política desde o Parlamento, e ao mesmo tempo honrar a memoria da primeira muller que se dedicou profesionalmente de forma exclusiva ao xornalismo.

Poderán ser propostos ao devandito premio os profesionais da información ou os medios de comunicación que destaquen por levar a cabo unha brillante narración do traballo parlamentario ou da defensa dos dereitos e liberdades desde o Congreso, ben ao longo da súa traxectoria ou ben nalgún dos seus traballos. O premio está dotado con 6.000 euros e un obsequio institucional.

As propostas de candidatos deben enviarse antes do 31 de maio por correo certificado ou entregarse na Secretaría da Dirección de Comunicación (Calle Floridablanca s/n, Edificio Ampliación II, planta baja, Congreso de los Diputados, 28071 Madrid), en horario de 10 a 14 horas, de luns a venres, coa identificación do candidato (nome, domicilio e teléfono). No sobre farase constar 'Premio Josefina Carabias'.

Máis información na web do Congreso.