III Premios de Xornalismo do Consejo General de Economistas
Do ao
O Consejo General de Economistas convoca a terceira edición dos seus premios de xornalismo, que constan de dúas categorías, unha para premiar ao xornalista autor ou autora dun artigo de contido económico publicado en prensa, cunha dotación económica de 2.500 euros, e a outra, honorífica, para recoñecer unha traxectoria profesional no xornalismo económico.
Na primeira das categorías, as candidaturas poderán ser presentadas polos propios autores, por economistas colexiados ou polo propio xurado, sempre a través do formulario dispoñíbel na páxina web do Consejo. Os traballos debe estar escritos en lingua castelá ou algunha lingua cooficial e ter sido publicados entre o 8 de outubro de 2024 e o 7 de outumbro de 2025. Presentaranse en formato PDF se se trata de publicacións en papel ou mediante ligazón para as publicacións en formato dixital. O prazo de presentación de candidaturas remata o 7 de novembro de 2025.
No caso do premio honorífico á traxectoria profesional, os candidatos ou candidatas serán propostos directamente ao xurado polo Consejo General de Economistas.
Máis información na web do Consejo General de Economistas.