III Premios Desalambre

Do ao

Información de contacto:

premiosdesalambre@eldiario.es
91 368 88 62

O xornal dixital eldiario.es convoca a III edición dos Premios Desalambre co obxectivo de promocionar e aplaudir a calidade profesional e a dedicación persoal nun dos ámbitos informativos máis trascendentais da nosa época. 

Poderanse presentar aos galardóns os traballos publicados entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021 en calquera medio de comunicación profesional en España.

Outorgaranse seis premios divididos en dúas categorías diferentes: Activismo e ONG (Premio Desalambre á mellor campaña de comunicación, Premio Desalambre ao mellor traballo de documentación e investigación e Premio Desalambre de activismo en defensa dos dereitos humanos) e Xornalismo (Premio Desalambre á mellor crónica ou reportaxe escrita, Premio Desalambre ao mellor traballo gráfico ou multimedia e Premio Desalambre á perseveranza). Os traballos galardonados nas categorías de Xornalismo recibirán 1.000 euros.

A presentación de candidaturas ten que facerse a través da páxina dos premios até o 30 de setembro de 2021.

Máis información nas bases dos premios