Intelixencia artificial para xornalistas: Ferramentas útiles para aplicar no traballo diario

Do ao

Horario: Mércores 24 de setembro das 10:30 ás 13:30 horas

O grupo de investigación Novos Medios, coa colaboración do Colexio de Xornalistas, organiza a xornada de transferencia online Intelixencia artificial para xornalistas: Ferramentas útiles para aplicar no traballo diario, que estará impartida polos profesores Rubén Rivas de Roca García e Alberto Quian Pampín. A actividade vai ter lugar o mércores 24 de setembro en horario das 10:30 ás 13:30 horas.

Esta iniciativa desenvólvese como a cuarta xornada de transferencia no marco das actividades do grupo de investigación financiadas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Consellería de Economía, Industria e Innovación. Nela descubrirase o papel dos medios de comunicación e a súa relación coa intelixencia artificial. 

Rubén Rivas de Roca García é profesor da Universidade de Santiago de Compostela e investigador en comunicación. Pola súa banda, Alberto Quian Pampín é tamén profesor da USC e experto en ética no ámbito dixital. A xornada estará coodinada por Berta García Orosa, coordinadora do seminario e catedrática de xornalismo da USC. 

A actividade é gratuíta e aberta a todas e todos os profesionais interesados. Para asistir á xornada é preciso inscribirse a través desta ligazón