IV Bolsa Joana Biarnés para fotoxornalistas mozos

Do ao

Información de contacto:

Beca Joana Biarnés para jóvenes fotoperiodistas
Photographic Social Vision
Villa Alegre. Vía Augusta, 175
08021 Barcelona   
beca@photographicsocialvision.org

A Fundación Photographic Social Vision convoca unha nova edición da Bolsa Joana Biarnés para fotoxornalistas mozos, dotada con 8.000 euros. A iniciativa ten a vontade de render homenaxe a Joana Biarnés (1935-2018), pioneira do fotoxornalismo no Estado.

Para participar na Bolsa Joana Biarnés hai que ter entre 18 e 35 anos e ser residente en España. Os proxectos poden ser individuais ou colectivos. O xurado valorará que a temática sexa inédita ou achegue unha nova perspectiva sobre un asunto tratado con anterioridade no ámbito do xornalismo visual. O resultado do traballo ten que ter como finalidade informar a cidadanía sobre unha realidade de interese social relevante.

Os solicitantes poderán enviar os seus proxectos de investigación á dirección de correo electrónico beca@photographicsocialvision.org até o 17 de outubro de 2022 ás 14.00 horas.

Máis información nas bases da bolsa