IV Premio África Mundi
O portal de noticias sobre África, África Mundi, convoca a cuarta edición dos Premios África Mundi para dar a coñecer o traballo de persoas relacionadas co mundo da comunicación e África. Estes premios permiten conectar a xornalistas con traxectoria cos máis noveis, poñendo en valor a variedade e riqueza do xornalismo español sobre África.
A convocatoria estabeleceu cinco categorías: Mellor Traballo Xornalístico, Publicación Fotográfica do Ano, Mellor Iniciativa Afrodescendiente e Mellor Xornalista en África, ademais dun Premio Honorifico que outorga o equipo de África Mundi en exclusiva. O galardón conta cunha dotación económica de 500 euros e coa entrega dunha figura ao gañador de cada categoría, agás no Premio Honorifico.
Poden presentarse todas aquelas pezas xornalísticas publicadas nos idiomas cooficiais de España en calquera blog, plataforma e medio nacional ou internacional. Tamén, poderase presentar máis dunha persoa ou equipo, pero o premio será a repartir entre os seus membros.
O prazo para o envío de candidaturas, a través do formulario web, finaliza o 19 de abril. Máis información aquí.