IV Premio de Xornalismo Asociación de Periodistas de Investigación
Do ao
A Asociación de Periodistas de Investigación de España (API) organiza a cuarta edición dos seus premios, que teñen o obxectivo de fomentar o mellor xornalismo de investigación.
Establécense tres categorías (Premio API, Premio API Local e Premio API de datos), nas que se aceptarán traballos publicados nun medio de comunicación ao longo do ano natural 2023 e con relación con España.
Pódense presentar candidaturas tanto cun artigo ou reportaxe como cunha serie, en calquera formato, en calquera das linguas oficiais do Estado Español. A inscrición realizarase a través do formulario dispoñíbel na páxina web da asociación e pode facerse até o 2 de xuño.
Máis información nas bases do premio.