IV Premio de Xornalismo David Gistau
Unidad Editorial e Vocento convocan a cuarta edición do Premio de Xornalismo David Gistau en homenaxe ao xornalista, columnista e escritor David Gistau, falecido aos 49 anos.
O galardón quere pór en valor o "xornalismo de calidade e independente, que foi encarnado por Gistau”. Poden presentarse a esta edición colaboracións e pezas de opinión xornalística en español publicadas ou emitidas en prensa impresa, prensa on-line, radios ou televisións entre o 1 de xullo de 2022 e o 30 de xuño de 2023. Outorgarase un único premio de 10.000 euros.
O prazo de presentación de candidaturas, que se terán que inscribir a través da web do premio, remata o 4 de outubro ás 14:00 horas.
Máis información nas bases do premio.