IV Premio Nacional de Xornalismo Deportivo Manuel Alcántara

Do ao

Información de contacto:

Fundación Manuel Alcántara
C/ el Túnel, nº18, 4ªA2.
29730 Rincón de la Victoria (Málaga)
607 79 84 83
premiodeportivo@manuelalcantara.org

A Fundación Manuel Alcántara convoca o IV Premio Nacional de Xornalismo Deportivo Manuel Alcántara, coa colaboración da Fundación Unicaja, o Concello de Málaga e a Asociación de Periodistas Deportivos de Málaga. O obxectivo do premio é "promocionar o labor dos profesionais da prensa deportiva e incentivar o exercicio dun xornalismo rigoroso e de calidade".

O galardón, dotado con 4.500 euros, será destinado, sempre en función do criterio do xurado, ao traballo de maior calidade literaria. Ao premio poden presentarse traballos xornalísticos publicados en formato papel ou dixital, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021, ambas as datas incluídas. Os textos deben estar escritos en castelán e versar sobre o mundo da competición deportiva (artigos de opinión, editoriais, columnas, etcétera).

Os traballos deben presentarse por correo electrónico no enderezo premiodeportivo@manuelalcantara.org. O prazo de presentación remata o 9 de setembro.

Máis información nas bases do premio.