IV Premio Vicente Verdú de Xornalismo e Innovación

Do ao

Información de contacto:

Asociación de Informadores de Elche,
calle Porta Oriola, 6,
03303Elche (Alicante)
info@informadoreselche.com

A Asociación de Informadores de Elx e o Concello de Elx convocan o III Premio Vicente Verdú de Xornalismo e Innovación. O premio está dotado con 6.000 euros, como recoñecemento a este xornalista, escritor e pintor ilicitano falecido en 2018 e nomeado Fillo Predilecto de Elx. O xurado poderá conceder até dous accésits, cunha dotación de 500 euros cada un.

O obxectivo do premio é recoñecer e incentivar a busca da innovación no tratamento da información por parte do xornalista, así como a aplicación de técnicas innovadoras para tratar de explicar os cambios sociais, políticos, culturais e doutra índole que supoñen as novas tecnoloxías na sociedade actual.

Os traballos participantes deben ter sido publicados, difundidos ou emitidos en formato impreso ou dixital (audio, vídeo ou multimedia) entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023. O prazo de recepción de traballos finaliza ás 18:00 horas do día 29 de febreiro de 2024. Os traballos deberán enviarse por correo electrónico a info@informadoreselche.com, ou por correo ordinario ou mensaxería á Asociación de Informadores de Elche, calle Porta Oriola, 6, 03303 Elche (Alicante).

Máis información nas bases do premio.